miércoles, 24 de noviembre de 2010

RETRATOS DE OBRA #3

Mulleres que baten bloques sen descanso. Un feixo de senhoras que traballan en cuclillas, sen que o cu toque o chan, esmagando cunha barra de aceiro os bloques de terra estropeados e asi usar os seus anacos para encher os ocos das bovedas. Hainas de todalas idades: maiores, moi maiores e tamen mais novas. Todas, enfundadas en preciosos saris de mil cores, con relucentes pulseiras que tintinean cada vez que levantan ou baixan o brazo. Todas, coa inconfundible pegada no corpo dunha maternidade non sempre elixida. Todas, cun salario inxustificadamente mais baixo que o dos seus companheiros varons.

3 comentarios:

  1. cóllesme en desequilibro co mundo, perdida, case cansada de todo...pero que será de javi que o teño descoidadísimo. ireite lendo pouco a pouco, como se foses groliños de café nun día chuvioso.

    segue fotografiándonos o mundo coas túas letras

    vémonos en breve
    sil

    ResponderEliminar
  2. I like the lovely pieces of poetry in your blog. Keep writing. Greetings from Walls

    ResponderEliminar
  3. Entre los pequeños retratos de un amigo en un gran país, que Nuria adora la India, que hoy leí algo en un blog sobre la crisis que nos persigue y (http://blutopias.blogspot.com/2010/11/como-se-genera-una-crisis-economica.html) que pasa de refilón por la India, y que este lunes tengo mi primera cena para celebrar el cumpleaños de mi unico amigo de la India... creo que si me tomo las cosas con karma, quizás acabe en India antes de que me de cuenta.

    ResponderEliminar