Despois de moitas semanas de ameaza, de andar pendentes do vento, das nubes e do ceo, parece que por fin chegou o monzon. Polo momento, so chove o amencer e o solpor, ali polo luscofusco...pero seica conforme vaian avanzando os dias, o tempo de choiva prolongarase, ate facer unha corina continua d'aigua dende a manha ate a noite...despois pode que pare uns tres ou catro dias, e de volta a chover de seguido...e asi un mes...
e digo eu...non e moito mais bonita, suave e medida esa choiva lixeira pero constante que temos en Santiago, esa choiva fina que desdebuxa as ruelas, que converte cada farola nun pequeno sol coa sua aureola de mil cores?...
porque para gustos, cores
pero para choivas, Galicia
Pois parece que aqui en Santiago tamen chegou o Monzon... que leva dous dias que case nin se distinguen as farolas. XD
ResponderEliminarApertas!
Pois aquí tamén chove. Pero non chove miudiño, como dí Rosalía, senón que chove a cántaros. E vai vento. Un típico día de outono, para estar na casa a carón do lume, lendo a Benedeti e asando castañas. Pero sobre todo, botándote de menos.
ResponderEliminarMoitos bicos
¿Pero non é o responsable de que todo se volva verde, de darlle cor e cheiro á India?
ResponderEliminar¿Non son as pingas as que fan medrar o arroz en cada esquina e limpan e purifican ás vacas?
¿Non é o encargado de levar medos e penas augas abaixo do Ganges e o Brahmaputra...?
¿Non fai que os días se tornen apáticos e os indios e indias queden na casa e fagan o amor hasta que escampe...?
Sempre e cando a chuvia non supere a súa fraxilidade, o Monzón semella unha oda á vida, como un paseo polas ruelas de Compostela nutre os nosos latexos de morriña.